ENCONTRO DE MENORES CEDEIRA -VII EDICIÓN PROGRAMA AMAZONAS
Cartel de ENCONTRO DE MENORES CEDEIRA -VII EDICIÓN PROGRAMA AMAZONAS
Chiusura iscrizioni
00Giorni
00Ore
00Min
12 MAR 2026, 18:00
Inizio dell'evento
00Giorni
00Ore
00Min
14 MAR 2026, 16:30
Posizione

Cedeira

Categorie

Iscrizioni disponibili

DEPORTISTAS NON FEDERADAS
Chiuso
DEPORTISTAS FEDERADAS
Chiuso
TÉCNICAS
Chiuso
Sulla gara

Informazioni sull'evento

Encontro de Menores VII Edición do Programa Amazonas Cedeira (A Coruña) Obxectivo: Promoción do tríatlon feminino. Data:14 de marzo de 2026. Nº Prazas: 30 Dirixido a: - Nenas das categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil (nadas entre os anos 2009 e 2016, ambos inclusive). • Federadas FEGATRI da tempada. • Non federadas - Adestradoras con licenza FEGATRI. Lugar de Celebración: Punto de Encontro: Plaza da Revolta (Camiño Real da Magdalena, 31, 15350 Cedeira, A Coruña) de 16.30h hasta las 18.30h. Inscrición e procedemento: A inscrición será GRATUÍTA. Prazo de inscrición: ata xoves 12 de marzo ás 11:00 horas. Pódense comunicar as baixas ata o peche de inscricións enviando un email a fegatri@hotmail.com. Se unha deportista non se da de baixa a tempo, e non acude ao encontro sen causa xustificada, non poderá inscribirse no seguinte encontro. As inscricións son públicas, polo que se poderán consultar en todo momento a través da páxina de inscricións. A listaxe definitiva de inscritas publicarase na páxina web da FEGATRI (www.fegatri.org) o venres anterior ao encontro (13 de marzo de 2026) Procedemento de inscrición: Deportistas federadas con Licenza de Triatlón en Vigor: Formalizarase a través da páxina web: www.fegatri.org , dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia e cubrindo os datos. Deportistas NON Federadas Licenza de Triatlón en Vigor: A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións: Regulamentos/Inscricións. Picar sobre o evento e ir á ligazón de INSCRICIÓN. Para validar a inscrición é imprescindible subir copia do DNI da menor e formulario de autorización de protección de datos cuberto a través da plataforma co DNI de quen autorice a mesma https://fegatri.org/wp-content/uploads/2026/03/Autorizacion-LOPDP-programa-Amazonas.docx ADESTRADORAS CON LICENCIA FEGATRI: Formalizarase a través da páxina web: www.fegatri.org, dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia. Outra información: O encontro comezará ás 16:30 horas e finalizará ás 18:30 horas. - Xogos de presentación, quecemento e con fins coeducativos. - Traballo de técnica e forza con transferencia á carreira a pe. - Duatlón cooperativo. As rapazas deberán acudir co material deportivo que corresponda para a sesión (bicicleta, casco, zapatillas de carreira, chuvasqueiro e outros). Para calquera dúbida ou consulta, podes enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico: lideresas-amazonas@fegatri.org RESPONSABLE TÉCNICA DO ENCONTRO. Irene Mera González (Adestradora Responsable do Programa Amazonas da Federación Española de Tríatlon).