Encontro de Menores
VII Edición do Programa Amazonas
Cedeira (A Coruña)
Obxectivo: Promoción do tríatlon feminino.
Data:14 de marzo de 2026.
Nº Prazas: 30
Dirixido a:
- Nenas das categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil (nadas entre os anos 2009 e 2016, ambos inclusive).
• Federadas FEGATRI da tempada.
• Non federadas
- Adestradoras con licenza FEGATRI.
Lugar de Celebración: Punto de Encontro: Plaza da Revolta (Camiño Real da Magdalena, 31, 15350 Cedeira, A Coruña) de 16.30h hasta las 18.30h.
Inscrición e procedemento: A inscrición será GRATUÍTA.
Prazo de inscrición: ata xoves 12 de marzo ás 11:00 horas.
Pódense comunicar as baixas ata o peche de inscricións enviando un email a fegatri@hotmail.com. Se unha deportista non se da de baixa a tempo, e non acude ao encontro sen causa xustificada, non poderá inscribirse no seguinte encontro.
As inscricións son públicas, polo que se poderán consultar en todo momento a través da páxina de inscricións.
A listaxe definitiva de inscritas publicarase na páxina web da FEGATRI (www.fegatri.org) o venres anterior ao encontro (13 de marzo de 2026)
Procedemento de inscrición:
Deportistas federadas con Licenza de Triatlón en Vigor:
Formalizarase a través da páxina web: www.fegatri.org , dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia e cubrindo os datos.
Deportistas NON Federadas Licenza de Triatlón en Vigor:
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións: Regulamentos/Inscricións. Picar sobre o evento e ir á ligazón de INSCRICIÓN. Para validar a inscrición é imprescindible subir copia do DNI da menor e formulario de autorización de protección de datos cuberto a través da plataforma co DNI de quen autorice a mesma https://fegatri.org/wp-content/uploads/2026/03/Autorizacion-LOPDP-programa-Amazonas.docx
ADESTRADORAS CON LICENCIA FEGATRI: Formalizarase a través da páxina web: www.fegatri.org, dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia.
Outra información: O encontro comezará ás 16:30 horas e finalizará ás 18:30 horas.
- Xogos de presentación, quecemento e con fins coeducativos.
- Traballo de técnica e forza con transferencia á carreira a pe.
- Duatlón cooperativo.
As rapazas deberán acudir co material deportivo que corresponda para a sesión (bicicleta, casco, zapatillas de carreira, chuvasqueiro e outros).
Para calquera dúbida ou consulta, podes enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico: lideresas-amazonas@fegatri.org
RESPONSABLE TÉCNICA DO ENCONTRO.
Irene Mera González (Adestradora Responsable do Programa Amazonas da Federación Española de Tríatlon).